viernes, 18 de noviembre de 2016

CABEZA BORRADORA

Cabeza borradora é unha película producida e dirixida por David Lynch estreada en 1977.





A película presenta unha trama pouco convencional e a historia desenrrolase entre o real e o fantástico, na cal o seu protagonista principal é Henry Spencer, un persoaxe enigmático e paranoico. A parte de Henry tamén hai outras persoaxes secundarias como son a súa ex parella, a veciña, ou o ser estraño que ten como fillo.



Trátase dun filme abstracto con escenas extrañas e perturbadoras que o espectador pode interpretar de distintas maneiras. No meu caso, para min representa as ansias que ten o ser humano de reproducirse, que na película se representa como a veciña de enfrente, e o medo ao descoñecido, representado por toda a situación de ir a casa dos pais da súa ex parella, e o fillo.

Esta fotomontaxe é a miña representación da película.




No hay comentarios:

Publicar un comentario