sábado, 17 de diciembre de 2016

viernes, 25 de noviembre de 2016

TIMELAPSE

Xa que Diana tiña que editar o seu vídeo de medo, eu aproveitei e grabei o Timelapse mentras editábamos.
(A grabación na clase foi nunha hora que faltou Ramón)






ANÁLISIS (Paths of hate)

     ·ANÁLISIS TÉCNICO:

A curta está composta por varios tipos de planos, como son:

          -Planos generales: onde aparecen os dous avións no aire.

          -Planos panorámicos: onde se ve toda a paisaxe e os personaxes protagonistas perden toda a súa importancia na escena.

          -Primeiros planos: onde se enfoca a cara dos protagonistas.

          -Planos detalle: por exemplo, como baixa o número de balas das que consta o avión.

          -Primerisimos primeros planos: onde aparece a boca, ou os ollos dos protagonistas que expresan toda a rabia e a desesperación.


O ritmo da narración aumenta a medida que a curta vai avanzando, poñendo planos cada vez máis rápidos e de curta duración. Ao final da curta aparece unha cámara lenta e uns planos lentos que fan que o ritmo disminuya totalmente.



     ·ANÁLISIS SONORO:

A música vai moi acorde con cada situación da curtometraxe, que se intensifica nos momentos de rabia e tensión e se calma nos momentos no que non ocorre nada.
O sonido dos avións voando, dos cristais rotos, dos berros dos personaxes, dos casquilos das balas e da sangue fai que te metas completamente na trama.




     ·ANÁLISIS SIMBÓLICO:

A curtometraxe representa o absurdo das guerras e a facultade que ten o ser humano de odiar a outro, sexa por motivos propios ou étnicos, ou por que alguén cho diga ou ordene, como é no caso das guerras.
No vídeo vese como os protagonistas deixan a un lado as súas prioridades, como é nun caso a muller que se representa mediante unha foto, e se centra en simplemente derribar ao contrario, sen importar que el morra no intento. 
Ao final da curta, vese como os soldados se converten en seres demoníacos, que levados polo seu odio, saltan dos avións e seguen a súa loita en paracaídas e, finalmente, no chan, morren intentando chegar o un ao outro para intentar matarse.


     ·OPINIÓN:

Na miña opinión a curta está moi ben feita, e conseguiu que non apartara a mirada del desde o inicio ata o final. Os sons envolventes e o tipo de animación fan que sexa moi agradable de ver, e recomendariallo a calquera. 

viernes, 18 de noviembre de 2016

CABEZA BORRADORA

Cabeza borradora é unha película producida e dirixida por David Lynch estreada en 1977.





A película presenta unha trama pouco convencional e a historia desenrrolase entre o real e o fantástico, na cal o seu protagonista principal é Henry Spencer, un persoaxe enigmático e paranoico. A parte de Henry tamén hai outras persoaxes secundarias como son a súa ex parella, a veciña, ou o ser estraño que ten como fillo.



Trátase dun filme abstracto con escenas extrañas e perturbadoras que o espectador pode interpretar de distintas maneiras. No meu caso, para min representa as ansias que ten o ser humano de reproducirse, que na película se representa como a veciña de enfrente, e o medo ao descoñecido, representado por toda a situación de ir a casa dos pais da súa ex parella, e o fillo.

Esta fotomontaxe é a miña representación da película.




miércoles, 16 de noviembre de 2016

UNEXPECTED (Video de medo)

Cando mandastes facer o video de medo, en internet apareceu unha estúpida moda de chamar ao 666. Entón pois aproveitei e ocurreuseme a idea de meter eso nun vídeo e meterlle un jumpscare ao final.







Coa colaboración especial de Diana Pouso.

viernes, 21 de octubre de 2016

DE LA CALMA A LA FURIA


Este traballo consinstía en crear dous ambientes totalmente distintos xogando coa velocidade dos planos e coa axuda tamén da trama do vídeo. 




Feito con Diana Pouso coa axuda de Vanesa Figueira

lunes, 17 de octubre de 2016

GRITO WILHELM

En este traballo quixemos representar a soidade que sufre Diana, a cal non ten amigos e encontra un amigable globo co que quere entablar unha relación, pero a malvada Vanesa impídello explotando ao globo.





                                       Feito con Diana Pouso coa colaboración de Vanesa Figueira.

viernes, 30 de septiembre de 2016

EFECTO KULESHOV



                                                                                       Feito con Diana Pouso