viernes, 25 de noviembre de 2016

ANÁLISIS (Paths of hate)

     ·ANÁLISIS TÉCNICO:

A curta está composta por varios tipos de planos, como son:

          -Planos generales: onde aparecen os dous avións no aire.

          -Planos panorámicos: onde se ve toda a paisaxe e os personaxes protagonistas perden toda a súa importancia na escena.

          -Primeiros planos: onde se enfoca a cara dos protagonistas.

          -Planos detalle: por exemplo, como baixa o número de balas das que consta o avión.

          -Primerisimos primeros planos: onde aparece a boca, ou os ollos dos protagonistas que expresan toda a rabia e a desesperación.


O ritmo da narración aumenta a medida que a curta vai avanzando, poñendo planos cada vez máis rápidos e de curta duración. Ao final da curta aparece unha cámara lenta e uns planos lentos que fan que o ritmo disminuya totalmente.



     ·ANÁLISIS SONORO:

A música vai moi acorde con cada situación da curtometraxe, que se intensifica nos momentos de rabia e tensión e se calma nos momentos no que non ocorre nada.
O sonido dos avións voando, dos cristais rotos, dos berros dos personaxes, dos casquilos das balas e da sangue fai que te metas completamente na trama.




     ·ANÁLISIS SIMBÓLICO:

A curtometraxe representa o absurdo das guerras e a facultade que ten o ser humano de odiar a outro, sexa por motivos propios ou étnicos, ou por que alguén cho diga ou ordene, como é no caso das guerras.
No vídeo vese como os protagonistas deixan a un lado as súas prioridades, como é nun caso a muller que se representa mediante unha foto, e se centra en simplemente derribar ao contrario, sen importar que el morra no intento. 
Ao final da curta, vese como os soldados se converten en seres demoníacos, que levados polo seu odio, saltan dos avións e seguen a súa loita en paracaídas e, finalmente, no chan, morren intentando chegar o un ao outro para intentar matarse.


     ·OPINIÓN:

Na miña opinión a curta está moi ben feita, e conseguiu que non apartara a mirada del desde o inicio ata o final. Os sons envolventes e o tipo de animación fan que sexa moi agradable de ver, e recomendariallo a calquera. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario